Videoconferencias

 Titoriais de videoconferencias eduXunta Webex


Co fin de facilitar a comunicación e o traballo entre o profesorado, e deste co alumnado, durante este período de continxencia, ponse á disposición da comunidade educativa un novo servizo de videoconferencia para o ámbito docente.
Está dispoñible no enderezo  https://eduxunta.webex.com
É un servizo de carácter temporal, suxeito ás capacidades das redes de comunicación, e que se manterá mentres duren as circunstancias actuais.
No manual, publicado no apartado ”Servizos dixitais educativos” do portal espazoAbalar, recóllese toda a  información de como obter as credenciais a dito servizo, como acceder, como iniciar unha videoconferencia con máis usuarios, e como comunicarlle a ditos usuarios as distintas formas de acceso (a través de ordenador persoal ou portátil, a través de dispositivos móbiles, ou mesmo a través da liña telefónica -- só voz)
Servizo de videoconferencias Webex (profesorado organizador)



Videotitorial sobre o servizo de videoconferencias Webex (alumnado)



Servizo de videoconferencias Webex: Que navegador usar en equipos Linux






Titoriais de Webex




FALEMOS


No que se refire ao establecemento de videoconferencias as ferramentas son “EDUXUNTA WEBEX”, “FALEMOS EDU” e “CAMEDU”, con independencia das que se vaian engadindo posteriormente. Así mesmo, as aulas virtuais contarán coa funcionalidade “BigBlueButton” coa mesma finalidade.