Actividades

 Sesión 1 - 13/01/2021

Actividade: Xestionar Bloques

Personaliza os bloques do teu curso

No curso que creaches realiza as seguintes accións:

1. Activa a edición

2. Borrar o bloque "Buscar nos foros"

3. Engade o bloque "Calendario"

4. Sitúao na parte superior da columna dereita.


Actividade: Editar unha páxina de texto.

Editar unha páxina de texto

Realiza os seguintes procedementos no teu curso dentro do "Módulo 1":

1. Agregar un Recurso: Páxina de texto

2. Escribe como título "mostra de páxina de texto"

3. Escribe un texto (lembra que podes usar o típico "cortar e copiar")

4. Garda os cambios

Crear unha ligazón a unha páxina web externa

Nesta actividade imos crear unha ligazón a un sitio web externo ó noso curso. Usaremos como diana da ligazón o portal eduteka.org

1. Activa o Modo Edición se non estivese xa habilitado.

2. No menú despregable "Engadir novo recurso" do módulo 1 do teu curso, escolle "Ligazón a un arquivo ou páxina web"

3. Escribe Nome: Eduteka

4. Escribe Enderezo URL: http://www.eduteka.org

5. Fai clic en [Gardar cambios]