Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes.
CFR A Coruña
Webex videoconferencias
Co fin de facilitar a comunicación e o traballo entre o profesorado, e deste co alumnado, durante este período de continxencia, ponse á disposición da comunidade educativa un novo servizo de videoconferencia para o ámbito docente.
Está dispoñible no enderezo https://eduxunta.webex.com
É un servizo de carácter temporal, suxeito ás capacidades das redes de comunicación, e que se manterá mentres duren as circunstancias actuais.
No manual, publicado no apartado ”Servizos dixitais educativos” do portal espazoAbalar, recóllese toda a información de como obter as credenciais a dito servizo, como acceder, como iniciar unha videoconferencia con máis usuarios, e como comunicarlle a ditos usuarios as distintas formas de acceso (a través de ordenador persoal ou portátil, a través de dispositivos móbiles, ou mesmo a través da liña telefónica -- só voz)
DOCUMENTACIÓN PARA A FORMACIÓN INICIAL EDIXGAL
- Benvidos/as a este curso de formación inicial sobre o proxecto EDIXGAL para profesorado de educación Primaria e Secundaria, onde coñeceremos diversos aspectos do proxecto así como tamén os recursos educativos dixitais e todas aquelas funcionalidades e ferramentas que forman parte da plataforma EVA.
Vídeo de presentación
APLICACIÓN DE XESTIÓN DE CONTAS DE USUARIO
A aplicación de xestión de contas de usuario (contausuario) permítelle ao usuario realizar as xestións máis habituais relacionadas coa súa conta de usuario corporativa:
- Solicitar un novo PIN
- Activar ou desbloquear a conta
- Modificar o contrasinal
Suscribirse a:
Entradas (Atom)